lunes, 28 de mayo de 2012

Toponimía VII

-> Courel: É un topónimo que debe provir do prerromano *cor "pedra altura, pedrosa", parecida á base preindoeuropea mediterránea *kar, "pedra". Emparentados con Courel están os topónimos Coiro, Coirón, Coirós, Coira, Coiradas, Coiral, Coirás, etc.

-> Couto: Do latín "caetum" lugar cercado.

-> Curtis: Do latín tardío "corte" espazo pechado.

-> Chamorro: É  un topónimo que debido a aparente homonimia con morro do verbo *morrer. Isto é debido a un relato popular, sen base científica, segundo o cal, un náufrago en perigo de morte, invocou o favor da Virxe coa frase "xa morro". Está etimoloxía popular enriquece o folclore pero a base desta palabra é preindoeuropea *mor, pedra, monte pedroso.

-> Chousa: Do latín *claudere, cerrar. Chousa sinala antigos terreos pechados. Derivados: Chousal, chousela, chousiña, chouso, chousura.


-> Devesa: Do latín "terra defensa", terra acoutada.

-> Dorna: Base preindoeuropea *dorn, lugares situados en valgadas. Tamén serve para nomear a coñecida embarcación.

-> Edreira/Hedreira: Do latín "hederam", hedra.


-> Eirexa/Irixoa: Do latín "ecclesiam/ecclesiolam", igrexa, igrexa pequena.


-> Esteiro: Do latín  "aestuariu" que procede da voz tamén latina "aestus", marea, axitación (da auga).