lunes, 22 de marzo de 2010

Pesos e medidas- I

Antes da introdución do sistema moderno, os líquidos e os áridos medíanse normalmente por capacidade, con recipientes de tamaño variable segundo as localidades. No caso dos áridos a medida tamén pode servir para a superficie, facendo o calculo de extensión de terra que se precisa para sementar unha determinada medida de gran.

Medidas de capacidade para líquidos
1 moio -> 8 olas
1 ola, arroba, cántara -> 16 litros na maioría de Galiza/18 litros(concello da Peroxa, Ourense) e creo que algún concello de Lugo (se alguén o sabe, prégolle que o deixe no comentario).
1 canado -> 2 olas
1 canada -> 4 litros
1 carta -> 1/4 de canada
1 neto -> 1/2 litro
1 cuarteirón -> 1/4 de litro

Medidas de capacidade para áridos
1 fanega -> 4 ferrados
1 ferrado, tega -> 12 Kg de centeo, 16 Kg de trigo, 18 Kg de fabas, 20 Kg de millo.
1 escá, tego -> 1/2 ferrado
1 carteira -> 1/4 de ferrado
1 cunca -> 1/16 de ferrado

martes, 16 de marzo de 2010

Algúns radicais latinos

agri-> Campo -> Agrícola, agrónomo, agricultura, agrario, agronomía

api
-> Abella -> Apicultor, apicultura,, apicola

arbor
-> Árbore -> Arboricultura, arborícola, arborizar, arborizable, arbóreo, arboriforme

beli
-> Guerra -> Bélico, belixerancia, belicoso

cali
-> Calor -> Caloría, calórico, calorífico, calorífugo, calorimetría, calorímetro, caloroso

centri-
> Centro -> Centrífugo, centrifugadora, centrípedo, centrista

color
-> Cor -> Colorímetro, colorización, colorete, colorante, colorismo, colorista

cordi
-> Corazón -> Cordial, cordiforme, cordialmente

corn(i)
-> Antena, chifre -> Cornudo, cornucopia, cornúpeta

cruci
-> Cruz -> Crucifixo, crucificar, cruceta, crucial, crucífero, cruciforme





martes, 9 de marzo de 2010

Elixe a correcta

11 – Mover o berce para durmir ó meniño:

a) Bercear

b) Rolear

c) Arrolar

d) Arrular


12 Restos do que se queima:

a) Faísca

b) Muxica

c) Boralla

d) Cinza


13 Intervención médica que consiste en cortar algunha parte do corpo:

a) Quirúrxica

b) Quirúxica

c) Cirurxica

d) Cirúrxica


14 Xoguete que consiste nunhas bólas no interior doutra maior e que roxen:

a) Asouxo

b) Axóuxere

c) Asóusere

d) Asóuxere


15 Deixar de comer voluntariamente:

a) Ainar

b) Axunar

c) Xexunar

d) Xaxuar


16 – Sacudir as pólas dunha árbore cunha vara para que caian os froitos:

a) Axitar

b) Varexar

c) Avarar

d) Varadar


17 Lenzos para envolver o meniño:

a) Sabas

b) Burullo

c) Empanamento

d) Vurullo


18 Exceso de sol:

a) Soalla

b) Solaina

c) Solaz

d) Solazo


19 Terreo sen cultivar cheo de vexetación de pouca altura:

a) Gándara

b) Veiga

c) Lameiro

d) Fraga


20 O que traballa con metais preciosos para facer xoias:

a) Albeite

b) Almafí

c) Acibecheiro

d) Ourive