jueves, 25 de febrero de 2010

Test XLI

41 . Indica a palabra correspondente á definición

1 Capa de vexetación, en especial constituída por fungos, que se cría na materia orgánica en descomposición:

a) Balor b) Valor c) Froco d) Floco


2 Utensilio co que se move o aire para favorecer a súa circulación:

a) Abalo b) Abastro c) Abano d) Abázcaro


3 Abella macho que non participa no traballo común:

a) Abano b) Abázcaro c) Acáboro d) Avázcaro


4 Delimitar, lindar uns terreos con outros:

a) Extremar b) Estrullar c) Derresgar d) Estremar


5 Utensilio agrícola que serve para separar a palla do gran:

a) Angazo b) Colmeira c) Mallo d) Forquita


6 Vara longa para sacudir as árbores:

a) Baloira b) Baleira c) Valoira d) Valadar


7 Descubrimento de algo que estaba oculto:

a) Achado b) Encontro c) Atopamento d) Hachádego


8 Leito portátil para o traslado de enfermos ou feridos:

a) Patiola b) Patinoira c) Angarellas d) Alzadeiras


9 Ruído pouco intenso producido polas voces de varias persoas á vez:

a) Marmullo b) Murmurio c) Marmurio d) Murmullo


10 Anular unha lei:

a) Derrogar b) Derogar c) Rebocar d) Devecer


2 comentarios:

  1. Balor, abano, - , estremar, angazo, valoira, hachádego, angarellas, murmurio, derrogar.

    confórmome con sacar un cinco...

    ResponderEliminar
  2. Solucións:
    a) Balor
    c) Abano
    b) Abázcaro
    d) Estremar
    c) Mallo
    a) Baloira
    a) Achado
    c) Angarellas
    b) Murmurio
    a) Derrogar

    ResponderEliminar