sábado, 30 de enero de 2010

MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE


Ninguén ten a potestade de elixir o lugar onde vai nacer, nin as posibilidades económicas da familia que o vai acoller ou do país no que vai desenvolverse a súa existencia. A terra ten extraordinarias riquezas, pero todos sabemos que están moi mal repartidas, e que conviven neste planeta azul xentes que se poden permitir todos os luxos con outras que non poden sobrevivir por falta de alimentos, de hixiene, ou dunha mínima asistencia sanitaria. O noso é un mundo de contrastes, pero agora non hai desculpa. Cos excedentes de produción que apodrecen cada día no primeiro mundo poderíase solucionar a fame do terceiro, pero..., qué?... sae máis barato deixalos perder que transportalos, a pesar de todos os medios (de trasporte, conservación de alimentos, etc...)dos que dispoñemos na actualidade. Por iso, creo que chegou a hora de facer algo e o primeiro paso, dos moitos que hai que dar para solucionar esta traxedia humana, é tomar conciencia todos. Iso tratamos os blogueiros que publicamos hoxe este manifesto:


QUEN SOMOS:

Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado. Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas. Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.

A QUEN NOS DIRIXIMOS:

Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.

MANIFESTÁMOSLLES:

1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo.

2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países.

3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron.

4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas.

5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos. POR TODO ISO,

ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES:

1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles.

2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos por Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha axustarse a actuación dos países e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado en 2015, as inxustizas que afectan á humanidade.

3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democrático.

4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos.

5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado por Nacións Unidas.

6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional. Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2010"" ..

miércoles, 27 de enero de 2010

Test XXI-XXV

21 . Escolle a serie correcta

a) Riveira, escumar, pesebre, planeta
b) Riveira, excumar, presebe, planeta
c)Ribeira, excumar, presebe, praneta
d) Ribeira, escumar, presebe, planeta

22 . Escolle a serie correcta

a) Preito, engrasar, aldraxar, veneno
b) Preito, engraxar, aldraxar, beleno
c) Preito, engraxar, aldraxar, veleno
d) Preito, engrasar, aldrasar, beneno

23 . Escolle a serie correcta

a)Groria, cocrodilo, abelá, nó
b) Gloria, cocodrilo, abelá, no
c)Gloria, crocodilo, avelá, nó
d) Gloria, crocodilo, abelá, nó

24 . Escolle a serie correcta

a)Hasta, ombro, hogano, arpa
b) Asta, hombro, ogano, arpa
c)Hasta, ombro, hogano, harpa
d) Asta, ombro, hogano, harpa

25 . Escolle a serie correcta

a) Harmonía, óso, hindú, habenza
b) Armonía, oso, indú, havenza
c)Harmonía, oso, hindú, avenza
d) Armonía, óso, indú, abenza

lunes, 25 de enero de 2010

Test XVI - XX

16 . Escolle a serie correcta
a) Boaxa, verniz, bermello, vacina
b) Voaxa, verniz, vermello, vacina
c) Voaxa, berniz, vermello, bacina
d) Boaxa, berniz, bermello, vacina

17 . Escolle a serie correcta
a)Harpía, hule, haren, hirmán
b) Arpía, ule, arén, irmán
c)Arpía, hule, harén, irmán
d) Harpía, hule, harén, irmán

18 . Escolle a serie correcta
a)Bater, sarabia, veludo, néboa
b) Water, saravia, veludo, néboa
c)Bater, sarabia, beludo, névoa
d) Vater, saravia, veludo, néboa

19 . Escolle a serie correcta
a) Caravel, laberca, cotovía, acibeche
b) Carabel, laverca, cotovia, aciveche
c) Caravel, laverca, cotovía, acibeche
d) Caravel, laverca, cotobía, aciveche

20 . Escolle a serie correcta
a)Pracer, declarar, flota, dobre
b) Pracer, decrarar, flota, doble
c) Placer, decrarar, frota, dobre
d) Placer, declarar, flota, dobre




lunes, 18 de enero de 2010

Test X - XV

Quen se anima


11 .‑ Escolle a serie correcta


a) Filharmónica, hibernar, vurullo, estremar

b) Filharmónica, hivernar, vurullo, extremar


c) Filármonica, hibernar, burullo, estremar


d) Filharmónica, ivernar, burullo, estremar




12 .‑ Escolle a serie correcta


a) Bulbo, absorver, absolber, excavar


b) Bulbo, absorber, absolver, escavar


c) Bulvo, absorver, absolver, excavar


d) Bulbo, absorber, absolver, escavar




13 .‑ Escolle a serie correcta


a) Horfo, himpo, hendecasílabo, Henrique


b) Orfo, impo, endecasílabo, Enrique


c) Orfo, impo, hendecasílabo, Henrique


d) Orfo, impo, hendecasilabo, Henrique




14 .‑ Escolle a serie correcta


a) Cavorco, xiba, hipódromo, víbora


b) Caborco, xiva, hipódromo, bívora


c) Cavorco, xiva, hipódromo, vívora


d) Caborco, xiba, hipódromo, víbora




15 .‑ Escolle a serie correcta


a) Acivro, abrocho, Xabier, Raul


b) Acibro, abrocho, Xavier, Raul


c) Acibro, avrocho, Xabier, Raúl


d) Acivro, abrocho, Xavier, Raúl

viernes, 15 de enero de 2010

Test VI-X

6 .‑ Escolle a opción correcta

a) Que maravilla!, unha bolvoreta
b) Que marabilla!, unha bolboreta
c) Que marabilla!, unha volvoreta
d) Qué marabilla!, unha bolboreta

7 .‑ Escolle a opción correcta

a) Hinchoulle o vulto e logo rebentoulle
b) Inchoulle o bulto e logo reventoulle
c) Inchoulle o vulto e logo rebentoulle
d) Hinchoulle o vulto e logo reventoulle

8 .‑ Escolle a opción correcta

a) Unha bahía é o mesmo ca unha badía
b) Unha baía e o mesmo cunha badía
c) Unha baia é o mesmo ca unha badía
d) Unha baía é o mesmo ca unha badía

9 .‑ Escolle a opción correcta

a) Ás sete da tarde foi xogar ás bólas
b) As sete dá tarde foi xogar ás volas
c) Ás sete da tarde foi xogar as bólas
d) As sete da tarde foi xogar ás bolas

10 .‑ Escolle a opción correcta

a) ¡Hola! ‑díxolle Hadrián a Helena
b) Ola! ‑díxolle Hadrián a Helena
c) ¡Ola! ‑dixolle Adrián a Helena
d) Ola! ‑dixolle Hadrián a Helena



jueves, 14 de enero de 2010

A ver quen se atreve a participar e elixir a correcta

Dende agora neste blog vou pór preguntas sobre a lingua tipo test, espero que os seguidores participen e me fagan preguntas, penso que será unha boa forma de traballar a lingua..

1 . Escolle a opción correcta:

a) Dáme o mollo da herba, que non me mollo
b) Dame o móllo dá herba, que non me móllo
c) Dáme o móllo da herba, que non me mollo
d) Dáme o mollo da herba, que non me móllo

2 . Escolle a opción correcta
a) A túa filla foi á casa da aboa
b) Á túa filla foi á casa da avoa
c) A túa filla foi a casa dá avóa
d) A túa filla foi á casa da avoa

3 . Escolle a opción correcta
a) Ía moita viruxe
b) Ía moito biruxe
c) Ía moito viruxe
d) Ia moita biruxe


4 . Escolle a opción correcta
a) Veña e cómpre este automóbil
b) Veña e compre este automóbil
c) Beña é compre éste automóvil
d) Veña é cómpre este automóbil


5 . Escolle a opción correcta

a)Non distinguía ben entre un voitre e un gabiá
b) Non distinguía ben entre un boitre e un gavián
c) Non distinguía ben entre un boitre e un gabián
d) Non distinguía ben entre un voitre e un gavián

Iremos de cinco en cinco e tamén se poden facer preguntas sobre a abertura das vogais tónicas ou do que queirades