miércoles, 30 de septiembre de 2009

Erros léxicos - VI

quenes -> Non é correcta, pois en galego o relativo "quen" non presenta variación nin de xénero nin de número. Por outra parte, "quen" adoita aparecer co verbo en singular (quen o fixo?), aínda que tamén o faga co verbo en plural, especialmente co verbo ser (quen sodes vós?)


recén nacido ->
O correcto sería "neonato" ou "acabado de nacer".


recorrer ->
ten dous significados en galego: a) Presentar un recurso contra unha resolución dunha autoridade. b) Pedir axuda, información, valerse de... O verbo que se debe utilizar para referirnos ao feito de cubrir unha distancia ou andar un camiño é "percorrer".


redación ->
A normativa 2003 reduce en moitas palabras os grupos cultos CT e CC pero só cando van, estes grupos consonánticos, despois de I e U. É o caso de REDUCIÓN, CONSTRUCIÓN, aínda que hai outras como CONVICCIÓN que seguen mantendo CC.


reflicto ->
Malia ir o grupo culto despois de i, neste caso non se reduce porque se colle como referencia do lexema para as formas verbais a forma do infinitivo "reflectir", onde se mantén o grupo culto CT


reitor ->
debe ir sempre en minúscula; xa que os cargos oficiais, as profesións e os títulos nobiliarios deben escribirse con letra minúscula, tanto se fan referencia a unha persoa concreta como se se trata dunha designación xenérica


reitoría/reitorado ->
As dúas formas propostas son correctas pero por harmonización co resto das universidades galegas, na USC escollemos a forma REITORADO para o período que dura o mandato dun reitor. REITORÍA para o edificio, a oficina ou o cargo. Isto vale, evidentemente, para vicerreitoría/vicerreitorado.


roxo ->
é correcta pero non co significado de vermello, senón co de persoa que ten o pelo de cor entre vermella e amarela, pero tirando a castaña.


sá ->
son incorrectas expresións coma:"fútbol sá", "sá de exposicións", no canto de "fútbol sala" e "sala de exposicións".


sen embargo, nembargantes, entonces, anque ->
As formas recomendables para substituílas poderían ser "aínda que", "non obstante" ou "entón".

http://www.usc.es/asesora/termos/

lunes, 28 de septiembre de 2009

Erros léxicos - V

Xoven -> Non hai un plural en galego para este substantivo, xa que "xoven" é un cultismo de recente aparición na nosa lingua, moi difundido grazas aos medios de comunicación e a escola, pero a súa utilización non é correcta. No seu lugar debemos usar "novo/a, mozo/a ou rapaz/a".

Vou a comer -> Hai en numerosos contextos nos que esta expresión estaría mal empregada, é cando se pretende usar a perífrase verbal, na que o verbo auxiliar "ir" non ten carga semántica. Non obstante, cando o que se pretende é expresar finalidade e por tanto non é perífrase, en que o verbo "ir" si que ten carga semántica, é totalmente correcto usar "vou a comer" = ('diríxome a un lugar para comer').

Visto bo -> Trátase dun castelanismo. Esta expresión que aparece en numerosos documentos administrativos debe traducirse ao galego como "visto e prace".

Ubicar -> Esta forma verbal non é correcta en galego, debemos substituíla por "colocar" ou "situar".

Triple -> En galego débense utilizar as formas "tripla ou triplo". Pasa o mesmo no caso de "cuádruple", onde temos que utilizar "cuádrupla ou cuádruplo".


Testear/testar/probar-> En galego "testar" ten dous significados: 1. Facer testamento. 2. Ter unha terra lindes comúns con algo. Por outra parte, cando se fala especificamente de 'realizar un test', parece que o verbo debería ser TESTEAR (ou en perífrase do tipo 'facer tests'), tanto polos problemas que antes diciamos de "testar" como porque no VOLG aparecen BOICOTEAR (a partir de "boicot") e FLIRTEAR (a partir de "flirt"). En definitiva, cremos que se non se trata de facer un test (entendido como un tipo de proba específica na que se van marcando de forma positiva ou negativa unha serie de ítems), mellor "probar" "poñer a proba", "facer probas"...

Terreos/leiras/hortas/predios ->
"Terreo" empregarémolo como extensión de terra que se emprega para determinados fins (cultivar, construír, etc.). "Leira" é a terra de labradío, a porción de terreo cultivado. As "hortas" son terreos de pouca extensión, xeralmente moi próximas á casa, dedicado ao cultivo de legumes, hortalizas e árbores froiteiras. Por último, empregaremos "predio" para referirnos a calquera propiedade, tanto rural como urbana.

Tal vez -> Non, hai unha serie de adverbios e locucións adverbiais que se aglutinan. Son os casos de
"talvez, apenas, amodo, devagar, acotío, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido e enseguida".

Subasta ->
Non é correcta. En galego utilízase "poxa"

Solo/chan -> "Chan" e "solo" só son sinónimas na súa acepción de "porción da superficie da terra onde se anda, se cultiva, se constrúe, etc". Porén, o volume de codia feita de materia orgánica e bacteriana que posiblilita a vida das plantas é unicamente "solo".

Esta entrada saqueina desta dirección: http://www.usc.es/asesora/termos/

    martes, 22 de septiembre de 2009

    Erros léxicos - IV

    acebo, acebro o correcto é -> acevo, acivro
    aceituna -> oliva
    aceña -> acea
    acequia -> canle, presa, quenlla
    acera -> beirarrúa
    achacable -> atribuíble
    achádego -> achado
    acné -> acne
    acobardado, -> -da acovardado, -da
    acobardar(se) -> acovardar(se)

    miércoles, 16 de septiembre de 2009

    Erros léxicos - III

    abandoar -> abandonar
    abatir -> abater
    abdomen -> abdome
    abó, -a -> avó, -a
    abogado, -da -> avogado, -da
    abono -> fertilizante
    ábside -> ábsida
    abultar -> avultar
    acariótico, -ca -> acariote
    accésits -> accésit

    martes, 15 de septiembre de 2009

    Erros léxicos - II

    En galego o correcto é:

    ¡hola! ola!


    ¡ja, ja! ha, ha!

    a ciencia certa con certeza

    a destaxo ao/ó axuste

    a fecha fixa con data fixa

    a grandes rasgos con poucas palabras

    a partires de a partir de

    a pesares de a pesar de

    á postre en definitiva

    a présa de présa

    a traveso de a través de

    miércoles, 2 de septiembre de 2009

    Erros léxicos - I



    O correcto é: a querimarroupa, a boca de cano.
    É incorrecto dicir:
    *a bocaxarro

    O correcto é : baixo sete chaves, totalmente.
    É incorrecto dicir: * a cal e canto

    O correcto é : con uñas e dentes
    É incorrecto dicir: * a capa e espada

    O correcto é : con certeza, de certo
    É incorrecto dicir: * a ciencia certa

    O correcto é: a ceo descuberto, ao descuberto
    É incorrecto dicir: *a ceo aberto