viernes, 21 de agosto de 2009

Recompilación das palabras do día - I

Estas son as "Palabras do día" que fun pondo no blog ata o día 2-03-09

->Política


A palabra política é a denominación da arte de exercer o poder público, de gobernar ou de ocuparse dos asuntos públicos en xeral. Nos réximes democráticos, chámase así á actividade dos cidadáns que se ocupan dos asuntos públicos co seu voto ou coa súa militancia.

A palabra orixinouse nos tempos en que os gregos estaban organizados en cidades-estado chamadas polis, nome do cal deriváronse palabras como politiké (política en xeral) e politikós (dos cidadáns, pertencente aos cidadáns), que se estenderon ao latín politicus e chegaron ás linguas europeas modernas a través do francés politique, que en 1265 xa era definida nese idioma como 'ciencia do goberno dos Estados'.

->Esquerdo, da
.
(Do eusk. ezkerra, esquerda).

1. adx. Dito dunha parte do corpo humano: Que está situada no lado do corazón.
2. adx. Que está situado no mesmo lado que o corazón do observador.
3. adx. Que cae cara á parte esquerda dun obxecto. O xardín que hai á beira esquerda da casa
4. adx. Ás cousas que se moven, dise do que hai na súa parte esquerda ou de canto cae cara a ela, considerado no sentido da súa marcha ou avance. O faro esquerdo do autobús. A beira esquerda do río
5. adx. zurdo.
6. adx. Dito dunha cabalería: Que por mala formación saca os pés ou mans cara a fóra e mete os xeonllos cara a dentro.
7. adx. torto
8. f. man esquerda.
9. f. Dirección correspondente á beira esquerda. Torce á esquerda
10. (Pola posición que ocupaban os compoñentes nas asembleas da Revolución francesa). f. Nas asembleas parlamentarias, conxunto dos representantes dos partidos non conservadores nin centristas.
11. f. Conxunto de persoas que profesan ideas reformistas ou, en xeral, non conservadoras.
->Porco.
(Do lat. porcus).
1. m. porco ( mamífero paquidermo).
"marrán" ou "marrau" ( forma ourensá).
"cocho", zona norte da provincia de Lugo.
"quiro", "quino", "quiño": forma que se emprega para chamalos.
"reco", "rengo", "renllo": usada pola zona oriental de Galiza.
"bácoro", "chino", "rancho": outras formas, quizais menos usadas.

->Corrupción.
(Do lat. corrupto-nis).
Acción e efecto de corromper.
Alteración ou vicio nun libro ou escrito.
Vicio ou abuso introducido nas cousas non materiais. Corrupción de costumes, de voces.
Der. Nas organizacións, especialmente nas públicas, práctica consistente na utilización das funcións e medios daquelas en proveito, económico ou doutra índole, dos seus xestores.

->Xuíz.

(Do lat. iudex-cis).
1. Persoa que ten autoridade e potestade para xulgar e sentenciar.
2. Membro dun xurado ou tribunal.
3. Persoa nomeada para resolver unha dúbida.
4. En época bíblica, maxistrado supremo do pobo de Israel.

->Abnegación.
(Do lat. abnegatio -nis).
Sacrificio que alguén fai da súa vontade, dos seus afectos ou dos seus intereses, xeralmente por motivos relixiosos ou por altruísmo.

->Alienación

O adxectivo latino alius, -a, -ud significa 'outro', 'diferente', 'adversario' e tamén 'perturbación, delirio'. No dereito romano, chamouse alienatio, -onis a transmisión do dereito de propiedade, a venda dunha propiedade, pero tamén un desentendimiento con outra persoa: "Tua a me alienatio" dicía Cicerón para significar 'o teu desentendemento comigo'.
Na socioloxía contemporánea, alienación é unha forma de adaptación, aceptación, separación e enaxenamento que se vincula coa manipulación social, a aniquilación cultural, a dominación política e a opresión da persoa ou grupo alienado. Tamén se entende como alienación a transformación, na mente dos individuos, de fenómenos e relacións, que son percibidos como algo diferente do que son en realidade.
Trátase dun proceso mediante o cal un individuo ou unha colectividade transforman a súa conciencia ata facela contraditoria co que debía esperarse da súa condición' e tamén un 'estado de ánimo (...) en que o individuo se sente alleo ao seu traballo ou á súa vida auténtica'. Entre as acepcións actuais inclúese tamén a antiga denotación latina de 'delirio': 'termo que comprende todos os trastornos intelectuais, tanto os temporais ou accidentais como os permanentes'.

->Ablación.

(Do lat. ablatio -nis).
1. f. Acción e efecto de cortar, separar, quitar.
2. f. Der. Sacrificio ou menoscabo dun dereito.
3. f. Med. Separación ou extirpación de calquera parte do corpo.
1. f.Xeogr. Arrastre de materiais da cortiza terrestre efectuado polos ríos, os ventos, as ondas, etc.
1. f. Xeogr. Perda de xeo no final dun glaciar.

->Abdución.

(Do lat. abductio -nis, separación).
1. f. Movemento polo cal un membro ou outro órgano afástase do plano medio que divide imaxinariamente o corpo en dúas partes simétricas. Abdución do brazo, do ollo.
2. f. Suposto rapto de seres humanos, levado a cabo por criaturas extraterrestres, con obxecto de sometelos a experimentos diversos no interior das súas naves espaciais.
3. f. Fil. Siloxismo cuxa premisa maior é evidente e a menor menos evidente ou só probable.

->Opio

Os gregos chamaron opion, diminutivo de opós (mollo vexetal), ao mollo das adormideiras, cuxo poder hipnótico e euforizante xa coñecían hai seis mil anos os sumerios, que chamaban á adormideira 'planta da alegría'. Este nome aparece documentado en latín por Plinio como opium, co mesmo significado, no século I de nosa era.
Homero describe na Odisea os efectos desta planta moi coñecida na Grecia clásica, aínda que o seu uso, curiosamente, non se estendeu ao resto de Europa a partir dos gregos, senón dos árabes. Estes recollían o opio en Exipto, onde era usado amplamente en medicamentos, e levábano para vendelo tanto en Oriente como en Occidente: foron así os primeiros narcotraficantes nun tempo en que esa profesión estaba menos desprestixiada, aínda que en compensación, rendía gañancias moito menores que as hoxe.
O opio ten un sinónimo que é pouco coñecido é o anfión
Ata o século XIX, a venda desta droga era libre, pois estaba rodeada por unha aura de substancia benéfica que aliviaba dores e sufrimentos.
Os adversarios do filósofo comunista alemán Karl Marx (1818-1883) recordan con frecuencia que era un 'inimigo da relixión' con base nunha suposta frase súa na que afirmaba que a relixión era 'o opio do pobo'. En realidade, o fundador do comunismo quixo dicir que a relixión servía como alivio ao sufrimento dos pobres, como vemos na cita completa:
«A relixión é o suspiro do oprimido, o corazón dun mundo insensible, a alma de situacións desalmadas. É o opio do pobo». (Karl Marx. Collected papers [1844]).
Esta droga chámase oppio en italiano; opium, en francés e inglés; e opium en alemán.

->Xeografía

As palabras que empezan con xeo- proveñen en última instancia da raíz prehistórica indoeuropea xe- (terra), que deu lugar en grego a Gaya ou Xea, que na mitoloxía olímpica era a Nai Terra, filla de Caos. En homenaxe á deusa, o seu nome converteuse en prefixo en varias linguas para denominar as ciencias que estudan o planeta. Así, xeografía formouse co nome de Xea e o elemento compositivo -grafía, que significa 'descrición'. Así, pois, esa disciplina abócase á 'descrición da Terra'.
Analogamente, mediante o uso de Xea e o elemento compositivo -loxía, que significa tratado, estudo ou ciencia, fórmase o nome da xeoloxía.
Pero o nome da antiga divindade helénica, nai de Urano, está presente noutras palabras da nosa lingua e de moitas outras, tales como xeodesia, derivada da voz grega xeodaisía, formada por Gaya e o vocábulo grego daieim (partir, dividir), que dá nome a 'a ciencia que determina a forma e magnitude do globo terrestre'. A xeometría foi orixinalmente a ciencia que se dedicaba a medir a terra e partes dela, aínda que actualmente é "o estudo das propiedades das figuras no plano e no espazo".
En Astronomía, apoxeo é o punto da órbita da Terra máis afastado do Sol, do grego apóxeios (que vén da Terra), formado co prefixo apo-, que indica afastamento. En sentido figurado, utilízase hoxe como 'punto culminante dun proceso'. Perixeo, do grego perixeios, é "o punto máis próximo á Terra da órbita dun astro ou un satélite artificial".

->Dilema

Expresa un punto de decisión, onde hai que elixir entre dúas cousas. Vén do grego dilemma formada de dis: dúas e lemma: tema, premisa

->Parasito
(en galego é unha palabra grave, é dicir, no leva til)
Biol. Que se alimenta de substancias que tira doutro ser vivo ó que ocasiona un prexuízo máis ou menos grave [ser vivo]. Persoa que vive ociosa e á conta dos demais. Os parasitos da sociedade.
Na antiga Grecia, en cambio, os parasitos eran os altos funcionarios encargados de verificar a colleita de trigo e a preparación do pan, así como os banquetes en homenaxe aos deuses. Máis tarde estendeuse a toda clase de hóspede e aos invitados a festas ou banquetes, polo seu sentido etimolóxico de comensal. En efecto, a palabra grega estaba composta polo prefixo para- (á beira de) e sitos (trigo, pan, comida).

->Oriental

Para os latinos, o verbo orior, orieris significaba 'nacer' e aplicábase tanto a persoas como a animais ou cousas, segundo o uso que lle daban Cicerón e Ovidio. Horacio foi quen empregou este verbo para referirse á saída do sol, vista como un nacemento.
O participio presente deste verbo oriens, orientis (nacer, nacente) foi utilizado para denominar a rexión pouco coñecida situada ao leste, por estar ao lado de onde sae o sol.
Plinio chamou oriens hibernus e oriens aestivus ao comezo do inverno e do verán, respectivamente. Horacio chegou a usar o adxectivo oriental para referirse ao punto cardinal Leste, pero foi só algúns séculos máis tarde que Xustiniano acuñou o vocábulo orientalis para referirse aos países asiáticos.
Actualmente utilízanse as expresións 'Medio Oriente' ou 'Próximo Oriente' para denominar a rexión de Asia Menor, onde están situados Israel, a Nación palestina, o Líbano, Siria e Xordania.
Un caso curioso é o do Uruguai, que ata 1828 foi parte da Arxentina baixo o nome de Provincia Oriental. Ao tornarse independente, adoptou o nome de República Oriental do Uruguai, por estar ao leste do río Uruguai e os seus habitantes son chamados uruguaios ou 'orientais'

->Indíxena

É un cultismo tomado do latín "indigena", que significaba 'de alí' e, por extensión, 'primitivo habitante dun lugar, nativo. Este termo está composto de indi- (unha variante do prefixo latino in-) e a raíz indoeuropea xen- 'parir', 'dar a luz', que tamén está presente en moitas palabras da nosa lingua, como 'procrear', 'xene', 'xenealoxía' e outras.
Sinónimos: aborixe, nativo, natural

->Pértega

O salto con pértega ou salto con pica é unha proba do atletismo moderno incorporada aos Xogos Olímpicos que consiste en saltar por riba dunha barra transversal situada a unha altura de entre cinco e seis metros, con axuda dunha pértega flexible de entre catro e cinco metros de lonxitude.

Ata os anos sesenta, a pértega era de cana de bambú ou de metal lixeiro, pero actualmente faise con fibra de vidro e carbono.
A marca olímpica de salto con pértega é actualmente de 5 m 95 cm, pero en competicións non olímpicas alcanzáronse ata 6 m 15 cm. A proba foi incluída nas disciplinas olímpicas masculinas desde os primeiros xogos modernos, en 1896, e como feminina, en Sydney 2000.
A palabra provén do latín pertica 'vara longa' A palabra latina tamén deu lugar a percha, ou colgadeiro de roupa e chapeus.

->Afrodisíaco

Este substantivo aplícase ás sustancias que teñen a propiedade de estimular o apetito sexual.
Os gregos xa coñecían o efecto dalgunhas herbas como estimulantes sexuais e facían con elas infusións, que chamaron a"phrodisiakós".O vocábulo xurdiu do nome da divindade Afrodita.
Segundo outra tradición, Afrodita era filla de Urano, cuxos órganos sexuais, extirpados por Cronos, caeron ao mar e procrearon á deusa, que por iso se chamou nacida das ondas.
En Roma, Afrodita foi identificada coa antiga divindade latina Venus, da cal pretendía descender a familia ou gens Iulia, á que pertenceu Xulio César.

->Gaita

Segundo a RAG é un instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire ao premer o fol entre o brazo e o costado
A gaita é un dos instrumentos musicais máis antigos, e foi descrita, con diversos nomes, por gregos, romanos e pobos xermánicos.
Feita de pel de cabra, os romanos identificábana cun odre/ pelello e chamábana utriculus (odreciño); Suetonio narra que Nerón ofreceuse en certa ocasión a "tocador de odreciño", como castigo por non vencer nun torneo sobre poesía.
Os invasores xermánicos, que conquistaron a Península Ibérica no século VI da nosa era, levaron a gaita, que chamaban gaits, palabra que na súa lingua significaba cabra. Este nome mantívose noutras linguas, como "gayda" en serbocroata e "gainda" en húngaro.
Nalgunhas rexións de España prefírese o termo latino cornamusa, empregado tamén en Francia (cornemuse).

->Prestixio:

Segundo o dicionario da RAG é:

Boa reputación social que acompaña a unha actividade ou ben á persoa ou entidade que desempeña un labor considerado de calidade.

O prestixio de algunhas persoas parece estar máis de acordo co sentido etimolóxico desta palabra que co significado que lle damos hoxe.
En efecto, prestixio provén do latín praestigium, que se refiere a charlatanería, impostura. Praestigiosus, engañador.
A palabra latina estaba formada polo prefixo prae- "diante", e o verbo stringere "apertar con forza", coa idea de apertar os ollos, como se fai cunha venda, para deixar cega a unha persoa. O termo usouse con este sentido ata o século XVIII, cando en francés se lle empezou a dar a "prestige" o significado de "renome, ascendiente, influencia", e a afrancesada corte española daquela época trasladou este significado á lingua castelá, a lingua galega e a portuguesa.

->Froallar: Caer chuvia moi miúda.Onte estivo froallando todo o día.

Sinónimos: babuñar, babuxar, barbañar, barbuñar, barbuzar, barrallar, barrazar, barrufar, barruñar, barruzar, brecar, chuviñar, chuviscar, lapiñar, marmallar, marmañar, orballar, patiñar, poallar, zarzallar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario