jueves, 30 de julio de 2009

A palabra do día

polbo: s. m.
lat polypu
Molusco octópodo da familia dos octopódidos, que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios.

1.- polbo cabezudo ANIMAL: Polbo de cor grisáceo, cunha soa ringleira de ventosas nos tentáculos e a cabeza máis grande que o común.

2.-polbo común ANIMAL: Polbo con dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos. Habita en recunchos rochosos e aliméntase de crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. O terceiro tentáculo está modificado como órgano copulador.

viernes, 24 de julio de 2009

A palabra do día

corisco: s m
Vento frío do N acompañado de chuvia, sarabia ou neve.

SIN.Escarabana

jueves, 23 de julio de 2009

A palabra do día

aldraba s.f.
Do árabe aD-Dabbâ.


1. Prancha de ferro das follas das portas, fiestras, ventás, etc., que ten no extremo un gancho que xira encaixado dentro doutra peza, de xeito que permite abrir ou pechar a porta ou fiestra.

SIN. bisagra.

2. Peza de metal que está pendurada da porta e que se bate contra ela para chamar. No portal do pazo hai unha aldraba de bronce.

SIN. batedor, chamador, petador, picaporte.

lunes, 20 de julio de 2009

A palabra do día


Noxo: s. m.

lat. "in odiu" con aférese vocálica.


Sensación física moi desagradable que se experimenta ao percibir algo polos sentidos.

Desprezo ou repugnancia que inspira unha persoa ou cousa

miércoles, 15 de julio de 2009

Dobretes-II

estremo, -a: Límite dunha propiedade.

extremo, -a: Límite o que pode chegar unha cousa.

investir: Empregar capitais en negocios para quitar un proveito.

inverter: Dar volta a unha cousa. É incorrecto usalo co significado de ‘empregar cartos’.


isto, iso, aquilo: Demostrativos.

elo: Forma neutra do pronome de terceira persoa que no galego moderno só se conserva nalgunhas frases feitas. Nunca pode aparecer coa función de suxeito.



mozos, mocidade, novos: Persoas que aínda non chegaron á idade adulta.

xoves: Quinto día da semana.


tratar: Tomar como obxecto de estudo, discusión ou análise.

abordar: Rozar ou chocar unha embarcación con outra.


vila: Núcleo de poboación.

pobo: Conxunto de persoas dunha poboación.


A palabra do día

Adival:s. m.
árabe: at-tival
Corda grosa e longa, de esparto ou cánabo, que se emprega para suxeitar unha carga.
SIN: cabestro, rello, sedeño, trelo.

jueves, 9 de julio de 2009

Dobretes - I

á parte: Locución adverbial sinónima de ‘agás’ e ‘excepto’. Tamén pode facer referencia á situación apartada ou separada.

aparte: Substantivo que indica o que se di ou se fai á parte, especialmente na representación teatral.


aboar: Pagar o que se debe.

abonar: Inscribirse ou inscribir a alguén mediante pagamento para ter dereito a algún servizo; subscribir.

achegar: Poñer unha cousa a carón de outra.

aportar: Chegar a porto unha embarcación.

así mesmo: Da mesma maneira, tamén.

asemade: Simultaneamente, ao tempo. Conxuntamente, á vez. Tan pronto como, así que, en canto.


bolsa: Subvención ou axuda complementaria para a realización de estudos, viaxes ou calquera actividade intelectual.

beca: Vestidura talar negra usada polos maxistrados. Insignia dos estudantes de colexios aiores universitarios.


concreto: Dise do que non é xeral, senón que é preciso e determinado.

puntual: Que fai as cousas ao seu tempo, no momento sinalado.


data: Indicación do tempo no que se fai ou sucede algo.

fecha: Grolo, cantidade pequena de líquido que se inxire dunha soa vez.


desenvolvemento: Conxunto de etapas polas que pasa un organismo ou calquera outra cousa durante a súa existencia.

desenrolo: Acción de estirar algo que está enrolado.


enderezo: Domicilio dunha persoa.

dirección: Camiño que un corpo segue no seu movemento.


martes, 7 de julio de 2009

A palabra do día

Efeméride
lat ephemerĭde < gr ἐϕημερίς -ίδος
1 s f Acontecemento notable que se recorda en calquera aniversario do mesmo.

2 s f pl HIST
1 Libros ou memorias que se empregaban na Antigüidade para rexistrar día a día os acontecementos da vida dun personaxe.
2 Relación en que se recollían todos os feitos acaecidos un día determinado en diferentes épocas.

3 s f pl ASTRON
1 Almanaque que recolle todos os datos astronómicos.
2 Conxunto de táboas en que se indican as distintas disposicións que ocupan cada día no firmamento certos astros móbiles durante un intervalo de tempo que adoita ser dun ano.

lunes, 6 de julio de 2009

A palabra do día

repenar
re- + lat pēnna ‘pluma’

1 v t Cortar as puntas da herba ou da palla.

2 v t Quitar dun feixe as pallas ou herbas sobresaíntes por mal suxeitas.

3 v t Tirar repetidamente do pelo.

jueves, 2 de julio de 2009

A palabra do día

colector -ora adx.

1. Que recolle e reúne documentos, fondos ou doazóns, especialmente con fins benéficos [persoa, colectivo, grupo, etc.].

2. Que se encarga de recoller o diñeiro dos impostos, taxas, etc. [persoa ou entidade]. SIN. cobrador, recadador.


s.m. 3. Conduto principal da rede de sumidoiros.


s Colector do lixo. Depósito de grandes dimensións que se coloca nas rúas para a recollida do lixo.