martes, 23 de junio de 2009

Algúns casos de formas homófonas con b e v-II

Bela /vela
• Bela, bonita, fermosa. Onte vimos unhas flores moi belas
• Vela, peza de lona dun barco, acción de velar, velorio. Mira alí aquel barquiño de vela. A vela do finado foron todos os seus amigos.


Ben / ven
• Ben (con e aberto), convenientemente, beneficio, patrimonio, pertenzas, propiedade. Estes exercicios están moi ben. Os seus pais deixáronlle moitos bens.
• Ven (con e fechado), terceira persoa de plural do verbo ver, imperativo de vir. Non ven o monte desde a fiestra.


Bola / vola
• Bola, pan circular, pastel, torta, bica. Sempre compramos unha bola para comer
• Vola, contracción do pronome vos e a. Díxolle que vola trouxera ela.


Bolo / volo
• Bolo, molete, pan, grumo. A miña avoa sempre cando cocía o pan, facíame un bolo.Hai que desfacer a fariña en auga para que non colla bolos.
• Volo, contracción do pronome vos e o. Se volo dixo é que o fixo.


Bota / vota
• Bota, calzado alto, recipiente de coiro para beber (con o aberto); sementeira, abrocho, rebento, botón (con o fechado). Merquei unhas botas nas rebaixas.Sempre bebía o viño por unha bota. Marchou para América pola bota do millo.
• Vota (con o aberto), do verbo botar. Os políticos só buscan votos e que a xente lles vote.


Haber / a ver
• Haber, infinitivo do verbo haber.Hai motivos suficientes para que renuncie ao cargo.
• A ver, preposición a + verbo ver. A ver se aprobas este ano


Nobel / novel
• Nobel, premio.Debería ser premio Nobel
• Novel, inexperto, novato, principiante. Todo mundo crtica aos condutores noveles


Rebelar / revelar
• Rebelar, alzarse, amotinar, sublevar; discrepar, protestar, enfrontarse. Rebeláronse os cidadáns contra os malos políticos.
• Revelar, descubrir, desvelar, facer visibles as películas fotográficas. Reveloulle un segredo que só coñecía a familia. Agora coas cámaras dixitais xa non hai que revelar as fotos.

1 comentario:

  1. Dando vida a la palabra y a la expresión. Gracias.

    Un placer leerte.

    ResponderEliminar