martes, 30 de junio de 2009

A palabra do día

Monicreque
1 A.- s m Figura pequena de madeira, papel ou outro material que se articula mediante uns fíos que manexa unha persoa.
B.- Teatro de monicreques ESPECT Xénero teatral que se caracteriza pola substitución do actor por monicreques.


2 s m Debuxo feito dunha maneira esquemática e simple.

3 s m Persoa sen criterio propio que se deixa influír facilmente.
SIN: fantoche, marioneta, monicaco, monifate, macaco.

jueves, 25 de junio de 2009

A palabra do día

Mangonear: v.t.
Do latín mangone "traficante de escravos"

Tratar ou conducir un asunto da maneira que máis lle convén aos intereses propios.


Facer que alguén actúe do xeito que máis lle convén a unha persoa.


SIN
: manexar, manipular.

martes, 23 de junio de 2009

Algúns casos de formas homófonas con b e v-II

Bela /vela
• Bela, bonita, fermosa. Onte vimos unhas flores moi belas
• Vela, peza de lona dun barco, acción de velar, velorio. Mira alí aquel barquiño de vela. A vela do finado foron todos os seus amigos.


Ben / ven
• Ben (con e aberto), convenientemente, beneficio, patrimonio, pertenzas, propiedade. Estes exercicios están moi ben. Os seus pais deixáronlle moitos bens.
• Ven (con e fechado), terceira persoa de plural do verbo ver, imperativo de vir. Non ven o monte desde a fiestra.


Bola / vola
• Bola, pan circular, pastel, torta, bica. Sempre compramos unha bola para comer
• Vola, contracción do pronome vos e a. Díxolle que vola trouxera ela.


Bolo / volo
• Bolo, molete, pan, grumo. A miña avoa sempre cando cocía o pan, facíame un bolo.Hai que desfacer a fariña en auga para que non colla bolos.
• Volo, contracción do pronome vos e o. Se volo dixo é que o fixo.


Bota / vota
• Bota, calzado alto, recipiente de coiro para beber (con o aberto); sementeira, abrocho, rebento, botón (con o fechado). Merquei unhas botas nas rebaixas.Sempre bebía o viño por unha bota. Marchou para América pola bota do millo.
• Vota (con o aberto), do verbo botar. Os políticos só buscan votos e que a xente lles vote.


Haber / a ver
• Haber, infinitivo do verbo haber.Hai motivos suficientes para que renuncie ao cargo.
• A ver, preposición a + verbo ver. A ver se aprobas este ano


Nobel / novel
• Nobel, premio.Debería ser premio Nobel
• Novel, inexperto, novato, principiante. Todo mundo crtica aos condutores noveles


Rebelar / revelar
• Rebelar, alzarse, amotinar, sublevar; discrepar, protestar, enfrontarse. Rebeláronse os cidadáns contra os malos políticos.
• Revelar, descubrir, desvelar, facer visibles as películas fotográficas. Reveloulle un segredo que só coñecía a familia. Agora coas cámaras dixitais xa non hai que revelar as fotos.

A palabra do día

Estripeiro: s m
estripo (latín: stirpe ‘tronco’ )[Crataegus monogyna]
PLANTA Arbusto espiñento, da familia das rosáceas, que presenta copa arredondada e densa, formada por follas ovadas e lobuladas, flores de pétalos brancos e estames de cor rosa e froito en baga de cor vermella.

viernes, 19 de junio de 2009

Algúns casos de formas homófonas con b e v - I

Hai palabras con significados distintos que só se diferencian na escrita por levaren un b ou un v.

Case todas son homófonas, isto é, teñen a mesma pronuncia.

Hai excepcións, como o caso de ben e ven, que diverxen na escrita polo uso de b e v e na fala porque o adverbio (ben) ten vogal aberta e o verbo (ven) vogal pechada.

Abalar / avalar

• Abalar, mover, abanar. O vento abalaba as árbores do parque.
• Avalar, dar un aval. O meu pai avaloume para que me concedan o crédito.

Bacante / vacante

• Bacante, sacerdotisa do deus Baco. As bacantes celebraban festas que se chamaban bacanais.
• Vacante, posto por cubrir. Hai unha praza vacante na Galega.

Bacilo / vacilo

• Bacilo, bacteria. Os bacilos son os causantes de moitas enfermidades.
• Vacilo, do verbo vacilar. Sempre vacilo se ir ou non contigo.

Baga / vaga
• Baga, froito. Gústanme moito as bagas silvestres
• Vaga, onda. Levamos uns días cunha vaga de calor

Balor / valor
• Balor, mofo. O pan colleu balor e xa non serve para comer.
• Valor, coraxe, validez, prezo. Ten moito valor e moi valente.

Bascular / vascular
• Bascular, oscilar, descargar. Bascularon toda carga que traía o tractor.
• Vascular, pertencente ou relativo aos vasos, particularmente os sanguíneos. Ten unha enfermidade que lle ataca o sistema vascular.

Basta / vasta
• Basta, dobra inferior na roupa. Nótase moito a basta dese pantalón
• Vasta, extensa, ampla. Herdei dos meus familiares una vasta leira.

Basto / vasto
• Basto, espeso, groseiro, vulgar. Gústame moito o caldo de grelos moi basto. O teu curmán é un rapaz moi basto.
• Vasto, extenso, amplo. Teño un campo na miña aldea que é moi vasto


A palabra do día

Lorda: s.f. do latín lurida (descolorido)
Capa de sucidade que se forma sobre algo, especialmente sobre o corpo ou a roupa.
SIN: carraña, cotra.

jueves, 18 de junio de 2009

A palabra do día

Onirismo s. m.:
Do grego "oneiros" soño.
Alucinación visual que ten a aparencia dun soño vivido moi intensamente.

lunes, 15 de junio de 2009

A palabra do día

Filloa s.f.
Doce para a sobremesa que se fai con ovos, leite ou auga, fariña tamén sangue de porco, todo mesturado formando unha pasta que se frite nunha filloeira, e ó que se lle poden engadir logo azucre ou mel..

martes, 9 de junio de 2009

A palabra do día

Indixente:
Provén do latín "indigens, -entis" (participio de presente de indigeo,-ere,-ui), (carecer de, ter necesidade de algo), formado polo prefixo indu- (unha forma arcaica de in-) e o verbo egere (estar privado de algo).

adx Que carece do máis necesario para vivir.
SIN: pobre

CONXUNCIÓN

1.- Copulativas: e, mais, nin, a mais, e mais
2.- Distributivas e disxuntivas: ou, ben...ben, cal...cal, nin...nin, ora...ora, quer...quer, xa...xa.
3.- Adversativas: a menos que, agora que, aínda que, fóra de que, emporiso, sacando que, senón que, por iso, ora ben, mais, pero, senón, agás que, non obstante, porén...
4.- Concesivas: aínda que, a pesar de que, así, mesmo que, nin que, pese a que, por máis que, por moito que, por pouco que, pese a que…
5.- Condicionais: se, con que, con tal que, caso de que, a menos que, a nada que de non ser que, quitando que, bardante que, sempre que ...
6.- Causais: porque, que, dado que, pois, pois que, por causa de que, por mor de que, posto que, xa que...
7.- Consecutivas: conque, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de xeito que, entón, logo, polo tanto, xa que logo...
8.- Finais: a fin de que, para que, que, en favor de que...
9.- Locativas (lugar): onde, onde queira que.
10.- Temporais: cando, antes de que, asemade, ata que, axiña que , cada vez que, desde que, despois de que, inda ben que, logo que, mal, mentres, mentres tanto, namentres, non ben, sempre que, apenas, de contado que, deseguida que…
11.- Modais: como, como se, como queira que, conforme, consonte, segundo, sen que, tal e como...
12.-. Comparativas: ca, que, coma, como.
13.- Completivas (substantivas): que, se.

PREPOSICIÓN

É a clase de palabras invariables que serve para relacionar dous elementos da oración, sinalando a dependencia que hai entre eles. O sintagma que encabezan é a frase preposicional.

Clasificación formal:

1.- Propias.- Sempre funcionan como preposición: a, ante...

2.- Impropias.- Formalmente pertencen a outra categoría gramatical, mais poden funcionar como preposicións: fóra, segundo, onde...

3.- Locucións prepositivas.- conxunto de palabras que funcionan como unha preposición (a última sempre é unha preposición): en vez de...

a, ante/perante, ata/deica, baixo/so, cara, con contra, de, desde/dende/des, en, entre, para, por, sen, sobre, tras

Outras: agás/bardante/menos/salvo, canda, cas, malia, segundo,a carón de, ao pé de, a rente(s) de, a poder de, de par de, co gallo de, a/en prol de, por mor,de, verbo de, alén de, encol de, en troques de, cabo de, en fronte de, no canto de ...

A palabra do día

Balbordo:
orixe onomatopeica
Ruído de voces que produce confusión. Ruído intenso producido pola tempestade, o vento, o trono ou outros elementos da natureza.
SIN: alboroto, algarabía, algarada, algareo, barullo, bulicio, rebumbio, bruído.

martes, 2 de junio de 2009

A palabra do día

Bardallas orixe onomatopeica

Persoa que fala moito e desatinadamente.


Esbardallar
:

"bardallas"

Desfacer unha morea de algo que está amontoado
Falar sen reparo dicindo necidades
SIN: baballar, baduar