viernes, 27 de marzo de 2009

A PALABRA DO DÍA

recordar

Os antigos crían que os sentimentos residían no corazón. Para Aristóteles, o corazón era o órgano fundamental do organismo humano, e o cerebro, apenas un mero coadxuvante. Nesa época críase que a memoria estaba aloxada no corazón; de aí que os romanos empregaran a palabra recordari, derivada de cor 'corazón', que chegou a nosa lingua como recordar.
No portugués "de cor" loc. adv. saber una cosa de memoria.
Cando dúas persoas se poñen de acordo, digamos que concordan ou que acordan, no que o corazón xa está presente outra vez (do latín vulgar accordare). E se non se poñen de acordo, dicimos que discordan
Acordar significa tamén 'espertar, volver en si despois do sono'.

1 comentario:

  1. En francés aprender de memoria se dice "apprendre par coeur".
    ¿Cuáles serían las familias de palabras sobre el cerebro? ¿nuestra alma está en el cerebro?.
    Me gusta estos rinconcitos del mundo blogueril que has creado.Abrazos

    ResponderEliminar